martes, 15 de mayo de 2007

CARTEL PL 2007


Xa que nos invaden os anónimos pedindo confirmación das actuacións deste ano, ahí vai este artigo. A ver si vai calmando a vosa sede de información.
Despois de un ano de merecido descanso para os rapeces e rapazas da organización, este ano volve o Festival Ponte Louco ó castelo de castro Caldelas.
¡Ollo!
¡Coidadiño!
O PL 2007 é… O MÁIS LOUCO DE TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A loucura, a tolemia, o desbarre, chegarán a Caldelas e arredores o fin de semana do 18 de Agosto. O fin de semana promeeeeeeeeeeeeeeeete.
As actividades que están xa confirmadas son as seguintes:
Ese día é feira no Castro, a feira máis grande do ano, así que será unha boa ocasión para acercarse cedo á vila , mercar algo e mesmo tomar un polbiño á feira (mmnn… qué rico me sabe xa). Por si esto fora pouco, no adro da igrexa haberá unha nova edición da Feira de Artesanía á que acuden artesáns de toda a comunidade. Veredes alí verdadeiras maravillas.
Pola tarde haberá actividades para os cativos. A organización traballa neste punto, pero ainda non vos podemos confirmar qué vos imos ofrecer exactamente. Eso sí, estade seguros de que non nos esquecemos de vos, uns dos nosos máis fieis seguidores.
Debido ó éxito que en edicións pasadas tiveron as charangas, este ano contaremos con outra que nos anime antes dos concertos do castelo. O nome da caranga é ainda un segredo segredísimo, pero non vos vai defraudar.
Ó longo da tardiña, e de maneira paralela a estas dúas últimas actividades que vos acabo de adiantar, contaremos co espectáculo dos xa tradicionáis malabaristas e,con moita probabilidade, tamén teremos un espectáculo de break-dance.
Ás dez da noite comenzarán os concertos no castelo. Xa sabedes que os tres grupos que xa están confirmados son: FABULOSOS CUBATAS, OS TRES TREBÓNS E A BANDA POTEMKIM.
Anímovos a que, para ir abrindo boca, entredes na páxina dos primeiros (http://fabulososcubatas.com/index4.htm) e escoitedes a súa versión do “Achiliput”!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! NON TEN PREZO. EU ESTOUNA ESCOITANDO MENTRAS ESCRIBO ESTO E XA ME VOU LEVANTAR DA SILLAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA………

¡ATA OUTRA!

SEGUIREMOS INFORMANDO.