martes, 24 de julio de 2007

PONTE LOUCO IV


E este é o cartel do cuarto Ponte Louco. Este foi un ano accidentado pois no último momento os de Tejemaneje deixáronnos colgados. Particularmente penso que gañamos co cambio porque no seu lugar viñeran DOCTOR COTOMONDONGO Y SUS METALES PRECIOSOS... UNHA AUTÉNTICA FESTA!!!!!!!!!!!!!!!! Xa sabedes que a miña memoria non anda ben, así que esta vez gustariame que foses vós os que comentades o festival dese ano, eu prometo ir engadindo as imaxes que teñan que ver co que digades ¿gústavos o trato?

O cartel deste ano é de Juan "Grifo" e o diseño da camiseta fixémolo os da organización (xa non nos quedaban amigos dos que abusar).

O CARTEL DO PRIMEIRO PONTE LOUCO




Gracias a Jose "Lisi" de Trives temos esta foto do cartel do primeiro ano. Teno na cabeceira da sua cama en lugar da típica figura dos anxiños rezando, que non lle pegan nada. Lémbrovos que o dibuxo deste ano fixerao Claudio e o cartel, Carlos. Pois gracias a todos. Por certo, Jose é o rapaz sorrinte de camiseta gris que vedes no medio do gaiteiro e do "bombeiro" que deron o pasarrúas do Ponte Louco IV.