jueves, 16 de agosto de 2007

OS NENOS NO PONTELOUCO.











Creo que unha imaxe vale mais ca mil palabras (grazas a David Diéguez, Eladio Osorio, José Luis Álvarez polas fotos)

ZONA DE ACAMPADA: AREA RECREATIVA PONTE DAS TABOAS

Antes de nada temos que agradecerlle a Bautista Sotelo que nos deixara "roubarlle" esta foto do seu blog (maisaladotransformador) para que poidésedes comprobar como é a zona preparada para a acampada.
A area recreativa Ponte das Taboas está a dous quilómetros do Castro dirección Trives (c-536). Nesa dirección atoparedes un cruce a esquerda e xa vedes a piscina. Se vides da zona de Trives ó Castro, teredes o cruce a dereita. En ambolos dous casos haberá indicacións de PISCINA (tamén un cartel que pon MAZAIRA e A MOÁ). No medio dopobo poremos ourtra indicación, xusto ó lado do cartel de A-76 POR OURENSE.
Infórmovos de que non se pode acampar na zona mais cercana ó rio por se houbera inundacións (cousa pouco probable, pero toda precaución é pouca). De tódolos xeitos esa zona estará delimitada con cinta e carteis. respetadeos porque se non poden vir os do SEPRONA e multarvos (os de cerceda creo que saben de que falo). Tedes duchas de auga fría que vos virán moi ben para o domingo pola mañá, e este ano as portas dos lavabos quedarán abertas toda a noite para maior comodidade.
Por favor COIDADE A ZONA. É un area que utiliza moita xente e non ten por que atopar desperdizos ou vasos rotos.
XA NON FALTA NAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAADA, SÓ DOUS DIAS.