miércoles, 29 de agosto de 2007

RESULTADO DA ENQUISA


O resultado final da enquisa que vos plantexamos no verán (¿Que grupo crees que vai rachar coa pana?) foi o seguinte.

Total de votos: 23.
  • Banda Potemkim: 4 votos (17%)
  • Cuchufellos: 12 votos (52%)
  • Os Tres Trebóns: 2 votos (8%)
  • Fabulosos Cubatas 5 votos (21%)
Temos que pedirlle disculpas os da charanga Os Veraneantes porque nos esquecimos de metelos na enquisa. Como eles son amigos seguro que nos perdoan.
Agora lanzámosvos outra pregunta: Despois de ver os conciertos ¿seguides opinando igual? Interésanos moito saber as vosas impresións sobre o festival, que é o que gusta, que é o que non gusta, que se bota en falta, que sobra.
Outra cousa. A organización quere darvos as grazas pois este ano non houbo nadie facendo botellón. Xa sabedes que o bar é a fonte de ingresos máis importante para pagar os grupos, así que, si consumes colaboras co Ponte louco, se fas botellón acabas con il.

OS IMPRESCINDIBLES 2007: AS SUPERLOUQUEIRAS












Ainda estamos coa resaca do Pontelouco, non demos recuperado. Por si esto fora pouco, xa rematan as vacacións e andamos coas maletas e cos exames a voltas, por iso tiñamos o blog un pouco abandonado.


Xa non queremos deixar pasar máis dias sen colgar estas fotos e darlle as grazas ás novas xeracións que veñen pisando forte e que se convertirán nos pontelouqueiros de mañán. Estas belas damiselas que vedes na foto son Natalia e Laura. Laura ten trece anos, pero xa se apuntou ó carro de colaborar para o Pontelouco. Téñovos que dicir que non é a única, pois ás suas amigas (Noelia, Patricia, Cristina) tamén ían axudar coa venda das camisetas, pero por un problema de espazo e organización non o poideron facer. Nas outras duas fotos posan, moi fermosas, Laura, Patricia, Maria e Emma. Queremos darlle as grazas a todas, por traballadoras e por guapas.

Tamén se sumaron este ano ó carro Tomás e Roge. Nesta foto aparecen vendendo coa axuda de Belén, vella coñecida do festival. Moitas grazas ós dous por currantes (e por guapos tamén).