lunes, 19 de mayo de 2008

E POR FIN... LUMEARES









Pois si, hubo andaina, e hubo andantes para dar e tomar. O final cerca de unhas cuarenta persoas se animaron a facer a súper ruta de Lumeares. Éxito total!!

O día seica se levantou algo neboento, pero eso non amilanou os nosos aguerridos camiñantes. Topáronse ca choiva, paro xa cerca do final do percorrido, pero eso non lles importou porque xa estaban a pensar na empanada e no polbiño da chegada.
Tamén, por o que comentan as malas linguas, hubo tres ou cuatro que se saíron de ruta tentando explorar novos horizontes por as terras lumearenses, pero que dándose conta de que non iban descubrir ningún tipo de tribu nova volveron para o camiño (xa o di a sabiduría popular:¡Garbosa! ¡Volve po rego!, ou non ves por onde van as outras?).

Que saibades que Quechua volveu a estar ahí acompañando e axudando no camiño, e que saibades tamén que sacaron unha nova línea “rústica” de complementos de trekking. Os primeiros en traer estes novos deseños o pobo, coma sempre, os que veñen dos madriles. Tecnoloxía punta amigos.

En xeral a xente fíxoselle máis levadeira esta andaina que a que fixemos no Castro en semana santa, inda que o mellor esta tiña algo máis de dificultade por eso de tanto subir e baixar.
E xa non vos conto nada máis, porque estou a facer coma esos que saen na tele que falan dos libros sen habelos leído (porque eu non puden acudir a esta gran cita do sendeirismo galego e inda me está doendo hoxe o corazón). Espero que algún dos que estivestes alí me axudedes a cubrir esta crónica que vos conto de oídas gracias a Teti e o Osorio que me puxeron o tanto do evento.

1 comentario:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Eu tamén espero ansiosa todas as novas e as imaxes do evento. Quen teña fotos que as mande e colgarémolas no noso fotoblog. Morro de curiosidade por saber das novas tecnoloxías quechua para esta á vangarda da moda andariega