lunes, 9 de junio de 2008

Anda o tempo revolto


Imos aparecendo, algúns xa acabamos os exames, e aprobeitamos estes momentos de bo tempo para saír a tomar o aire. E claro como anda o tempo así, pois resulta que hai máis setas que no outono, e o outro día fomos pasear á boutureira onde hai tres rutiñas, que non son ningunha marabilla pero do que hai o redor de Ourense, a nós é do que máis nos gosta. E alí foi onde vimos estes enxendros.
Por certo xa superamos as 10.000 visitas, e hai pouco máis de cinco mese que puxemos o contador

4 comentarios:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

sí que ando o tempo revolto e sí que nos visita xente. Onte, as doce da noite tiñamos 9991 visitas. Como este número voltaba a ser medio demoníaco, pensei en poñer unha entrada hoxe, pero xa non tiven tempo porque pola mañá superaramos as visitas ¡que ben! Espero que agora que algúns xa andan máis liberados, as entradas estén máis ó dia.

Natalia dijo...

Eu tamén estou xa media liberada. As vacacións inda están algo lonxe, pero xa rematei os papeleos para as subvencións polo que xa, tanto eu coma os meus amigos organizadores, do PonteLouco respiramos máis tranquilos.
Xa queda menos...

alegria dijo...

Coidadiño coas setas... un colega meu colleu unhas macrolepiotas na viña dun veciño sen saber que votara herbicida facía mes e medio... non sei se por eso ou non, estivo 3 días que... "se íba por la patilla"vamos!

Como cambio de chollo agora quedo sen vacacións no verán,e sólo vou ter os fines de semana, por iso este ano vai ser O PONTELOUCO MÁIS PONTELOUCO DE TÓDOLOS PONTELOUCOS!!!!!!!!!!!!

Natalia dijo...

Bueno Roseta, pois logo haberá que aproveitar os fines de semana.