viernes, 29 de agosto de 2008

Excavacións no Castelo

Andan facendo excavacións no castelo, concretamente:
Na porta que da para a rúa do Sol, onde a casa que era do Sr. Luis (actualmente do Manoliño)
No arco, a antiga torre que dá para a Rúa do Sol

E no interior da torre da homenaxe.


Os achádegos, segundo o arqueólogo, non son demasiado importantes polo de agora:
No ineterior da torre atopáronse restos dunha antiga muralla, que sigue a liña das paredes da biblioteca e que dá mostra de que é anterior tanto a esa edificación coma a actual torre da homenaxe.

Un candado na imaxe


Atopuse unha pedra redonda, coa forma coma se fose dun muíño.


E un pequeño canón, que debeu ser do pouco que escapou ó incendio dos franceses.

Ademais, Iria pedíulle permiso o arqueólogo para axudarlles a limpar algúns restos de cerámica atopados, e alí andaban os rapaces.

No hay comentarios: