martes, 18 de noviembre de 2008

Rota do Canón do río Mao 1









Non sabía moi ben como explicar as sensacións que tivemos os que fomos facer a rota ante tanta beleza, e por iso decidin colgar esta chea de foto, a pesar de que nin entre todas fan xustiza ao visto.
A rota foi recentemente sinalizada polo concello de Parada e recorre 6-7 km entre forcas e San Lourenzo. O primeiro tramo a par da estrada e da anle nova non é nada espectacular, esceptuando a ponte dos onceiños. Posteriormente baixa ata antiga canle da central de Regueiro é aí onde comeza o espectacular: o canón do Mao, as fragas d castiñeiros,as vistas da ribeira, ... e para rematar unha baixada por un camiño moi bonito que nos leva ata San Lourenzo, facendo unha parada nas tumbas antropomorfas.
A rota está acompañada duns paneis interpretativos que nos explican certas cousas relacionadas: a contrución da pote, o canón, as tumbas, ... e ademais hai un folleto moi ben feito.
Como a rota é lineal hai que buscar xeito de solucionar o problema. Nós deixamos ns coche no final e logo fomos nutro ao comenzo.

3 comentarios:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Fotos alucinantes e a envexa que de novo me corroe, espero facer a ruta en navidades. Nós, para non ser menos, repetiremos esta fin de semana polo Valle del Ambroz, ainda que castiñeiros como os de aí... Xa vos contaremos.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Creo que nin coas fotos nin coas palabras se pode describir a ruta.
E certo que o día era o ideal, a temperatura tamén. Os castiñeiros estaban esplendorosos, eso si a comida escasa, porque alguén se olvidou do pan ;)

Creo que haberá que repetir, porque é unha verdadeira pasada

Julio dijo...

☞ Non estaría mal que anunciedes as andainas que vaiades a facer por ahí.....e a xente que lee o blog podría participar da aventura.