domingo, 6 de enero de 2008

RIGU & CANIER: "PROSAS PROSCAS". XENIAL E DIVERTIDO



Como vos contabamos na última entrada, este sábado actuaron no Pub Rubio RIGU & CANIER (Roberto e Cándido de Lumeares), cunha obra (basada en feitos reais, seica) titulada PROSAS PROSCAS.
En principio eu xa me mostraba bastante alegre so polo feito de que haxa xente que se mova e faga cousas como inventarse ou reconstruir este conto e interpretalo para entreternos, pero a miña ledicia multiplicouse por infinito a medida que trancurría a obra.
Todo comenzou cun pouco de retraso e no Rubio había bastante xente. Primeiro poidemos escoitar as gaitas da Serra de Queixa, que tamén tocaron o rematar. Logo saiu Cándido ó escenario.
Prosas Proscas fala de Lumeares, da súa particular orografía (básicamente “inclinada”) e dos seus cans, da súa vida, costumes, ligues e de como un día todos se puxeron de acordo para arrebatarlle ó Alemán o título de “Chulito del pueblo”.
Cándido, coa súa voz rasgada, foi o encargado de narrarnos a historia (repito, basada en feitos reais). A verdade é que o fixo moi ben, polo menos para o meu gusto. É un bo narrador e sabe como contar. A súa velocidade, cadencia, tono... perecéronme moi axeitados.
Si coa voz de Cándido xa estaba abraiada, o meu asombro e ledicia foron absolutos cando Roberto comenzou a actuar. A el tocáballe a parte máis interpretativa. Cando Cándido facía referencia a algún personaxe, Roberto interpretaba. Encantoume como o fixo. Sábese mover no escenario e tamén sabe como transmitir coa mímica. Nalgúns momentos as súas caras eran xeniais e arrancaron moitas gargalladas.
Ó final, todos botamos unhas risas e pasamos un bo rato, que era do que se trataba. A miña noraboa para todos os que tiñeron algo que ver nesta historia.
Sinto que, por problemas técnicos, non vos podo ofrecer as fotos do espectáculo, pero en canto as teña poreinas para que vexades...