miércoles, 9 de enero de 2008

OS FACHÓS


Un anónimo na anterior entrada xa se me adiantou..., tiña pensado escribir sobre os fachós, ¡como non! pero casi non me deu tempo. Como hoxe teño algo de traballo só vos vou contar un par de cousas sobre esta festa e , ó longo da semana, irei engadindo máis datos.
Polo que eu sei (ás miñas fontes son oráis e básicamente lembro o que Don José nos contaba de nenos) descoñécese con exactitude cando comenzou a festa ou as procesións que logo deron lugar a ela. "Donjo", o cura do castro, dicíanos que todo se debera a unha peste que houbera no pobo. Os veciños encomendáronse ó San Sebastián prometéndolle que, si os salvaba de dita enfermidade, todos os anos na víspera da súa onomástica lle farían unha procesión con fachós de palla.
Eu non sei si esto é verdade ou non, de todos os xeitos o poder purificador do lume é algo coñecido por todos, así que quizás sexa verdade.
Bueno, o caso é que agora, dende fai xa moitos anos, o día 19 de xaneiro, víspera de San Sebastián (patrón do Castro), aproximadamente ás sete ou sete e media da tarde (vamos, entre lusco e fusco) os Caldelaos e os de fora que veñen acompañarnos saímos en procesión dende o parque que hai diante da iglesia portando o noso fachón prendido. A procesión vai encabezada por unha imaxen do santo en palla que realizou non hai moitos anos Javier, "O notario", logo van os gaiteiros, despois o fachón grande (mirádeo na foto) e detrás todos os demáis. O lume cruza a praza do prado entre gritos de ¡VIVA O SAN SEBASTIÁN! ( eu lembro sobre todo os berros da Nieves, a filla da Pepa da rúa do sol, á que lle encanta esta festa), sube pola citada rúa do sol, primeiro tramo complicado para os que van detrás pola cantidade de fume que se respira. Ó chegar ó Cima da vila hai que dar unha volta de 360 graos para enfilar pola rúa grande (maniobra complicada para o fachón grande) e voltar ó prado e de novo á igrexa onde todos os fachós acaban ardendo nunha gran fogata.
Despois desto repártense chorizos e viño... pero esa é outra historia que vos contareis outro día.
Por certo, non se pode falar desta festa sen lembrar ó Sr Sebastián, o último Sebastián do pobo, que morreu fai uns anos. Este home encheunos de sonos cando eramos nenos facéndonos os fachós más fermosos, por iso creo que tamén merece un capítulo aparte.