sábado, 26 de enero de 2008

Andaina por Caldelas

Xa hai tempo que vimos traballando modestamente dende esta Asociación de dende o Centro Comarcal Terra de Caldelas para sinalizar unha rota pola zona. A proposta que vos facemos é unha presentación do que levamos feito: unha modesta sinalización e un folleto.

O percorrido da rota é o seguinte:
Saímos do castro cara Camba, onde realmente empezan os sendeiros, por aí baixaremos ata estrada que vai a Trives, e iremos por un camiño paralelo que cruza o Río Caldelas (por iso é conveniente levar calzado impermeable) ata chegar á fonte de Piñeira, e dende aí ir ata a piscina, área que atravesaremos para baixar polo sendeiro que vai á beira do río ata o Muíño da Ponte, e dende aí subiremos polo camiño que vai dar á estrada Monforte (Esta é a rota sinalizada e que ven no folleto)
Aquí ademais hai dúas variante:
1. dende a Fonte de Piñeira coller por Montemiau cara a Casasoá, Basteiros e baixar polo río ata debaixo de Condelle e iríamos dar á piscina por riba da ponde da estrada que vai a Mazaira. (esto sería 2-3 quilómetros máis)
2. Tamén dende a Fonte de Piñeira subiríamos ao Burgo onde colleríamos a Vía Nova pasando por Vilamaior ata Castrelo, e dende aí baixaríamos cruzando a Veiga de Sas, e dende Os Casares iríamos dar a Casasoá onde empataríamos coa alternativa 1.
Ó chegar ó Castro, temos idea de que cada un coa súa comida, vaimos comer á carballeira que hai debaixo do xardín que hai debaixo da parada de buses (tamén coñecido como o Versalles caldelao).
Para a tarde temos previsto outra rota que sairía do Castro po Vilanova, O Barreal, e Valverde ata chegar á curva do Rosario (uns trocos por asfalto e outros por camiño), e dende aquí subiríamos ata Pigueiros, As Barreiras concretamente, para ir ata a reitoral, onde colleríamos o camiño que baixa a Santa Tecla, pasaríamos por San Paio, e remataríamos na Abeleda, e dende aí volver en coche.
Todo esto é unha proposta á que cada quen se pode apuntar na súa medida (é dicir pódese vir só pola tarde ou pola mañá, ou incluso pódese vir só a comer o bocata).

Entón, o noso obxectivo é que participedes neste debate sobre cal sería a mellor rota, se estades dispostos a participar, ... nós xa temos algunha proposta, se vemos que o grupo é medianamente grande coller un microbús, que nos sairía económico; a data que propoñemos é o venres 21 de marzo (é o Venres Santo).

Esperamos as vosas opinión e a vosa participación. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204603.