viernes, 8 de febrero de 2008

O PONTELOUCO POLO MUNDIÑO ADIANTE II OU O REPORTEIRO DESAPARECIDO.



É par min un pracer comunicar que o noso reporteiro desaparecido, jotapuntoelepunto, xa apareceu e xa nos enviou a crónica da súa viaxe. Aquí vai:





Crónica: Enviado Especial. Martes 29 de Xaneiro.
Nada máis chegar a París comuniquei a miña presencia na cidade ó departamento de relacións públicas do palacio de Versalles para que soubese da miña estancia na capital. Dous días despois sobre as 12 da mañá e cando me atopaba subindo a escaleira mecánica do “Centre Pompidou”, recibín unha chamada na cal se me informaba de que dada a proximidade do enlace matrimonial e para evitar todo tipo de especulacións sobre a miña presencia, ía ser imposible que esa cita tivese lugar en Versalles. A opción que se me daba era que o encontro tivese lugar nunha das moitas visitas que “Carla” ten por costume facer ás céntricas “Galerías Lafayette”. Por suposto que non puxen ningún tipo de reparo.
Alí me presentei en plenas galerías rodeado da “haute couture” a carón das firmas máis importantes; Gabrielle Chanel, Christian La-Croix, Pierre Cardín e un sinfín deles máis dos que non me lembro. A conversa tivo lugar mentres “Carla” se provaba un estupendo collar de Cartier que luciría 24 horas despois no seu enlace matrimonial con Sarkosy. A conversa foi breve pero grazas o meu intérprete Sergio Muñíz, puiden contarlle que era iso do “Ppuntoelepunto”. Sorpresa a miña cando me recoñecía que tiña algúns discos (baixados do emule, iso sí) de la Lamatumbá e dos mismísimos Cuchufellos, e que tamén coñecía o noso castelo porque estivera mirando hai anos a posibilidade de comprarllo á Duquesa de Alba. Finalmente comprometeuse( se o seu matrimonio chega ata alí e Cécilia non volve) a facer todo o posible por promocionar o Pontelouco nos seus próximos concertos mundiais. Finalmente pedinlle que se puxera a camiseta do pontelouco, algo que non fixo para non saltarse o protocolo. O que sí fixo foi quitarse as gafas, momento que aproveitou o meu fotógrafo Muñiz para sacar esta foto que comparto con vós.