martes, 11 de marzo de 2008

Andaina por Caldelas III


Recordarvos que o venres 21 deste mas de marzo realizaremos unha andaina. Como xa dixemos en anteriores ocasións o recorrido parte do Castro polo Toural en dirección a Camba. De alí baixamos ata a Fonte de Piñeira, para o que teremos que cruzar o Río Caldelas. Logo subiremos ata o pobo abandonado de Piñeira e posteriormente ó Burgo.
O seguinte camiño será parte da Vía Nova, que nos levará ata Vilamaior, onde torceremos en dirección Casares, e pasaremos o lado duns petroglifos. Continuaremos por Casasoá, e outro pobo abandonado: Basteiros. Logo baixaremos ó Río, que seguiremos durante un bo treito, pasaremos pola Área recreativa do Ponte das Táboas, e Chagaremos ata o Muíño da Ponte, onde comezaremos a subida ó Castro para chegar polos canellos.



Recomendacións:
Levar calzado impermeable e cómodo, e roupa axeitada.
Levar comida e bebida para o recorrido.
Avisar á organización da túa paticipación. Pódelo facer no mail cctcaldelas@comarcasdegalicia.com ou por telefono no 988 204630.


A distancia son aproximadamente 15,6 Km. de un nivel medio-baixo.
Seguiremos informando

Pedro Pubill Calaf, máis coñecido polo seu nome artístico, Peret, é un cantante, guitarrista e compositor español de etnia xitana, quizá a figura máis representativa da rumba catalá, e o maestro de moitos artistas como Kiko Veneno,Ojos de Brujo, La Trova Kung-Fú, Muchachito Bombo Infierno, Macaco etc...

É famoso pola súa forma de tocar a guitarra, coñecido como o ventilador, grazas á cal, aparte do uso das cordas do instrumento, emprega a caixa de resonancia como instrumento de percusión, e tamén pola súa habilidade case de malabarista á hora de virar a guitarra sobre si mesma nun aceleradísimo movemento de 360 graos.
¿Porqué unha entrada hoxe sobre Peret sen vir a conto?, pois porque este home con setenta e tres anos de idade levanos dando, a todos os pontelouqueir@s, moitos dias e festas gloriosas, e podiamos decir que un oitenta por cen da organización do Ponte Louco e fan de este gran artista.
No seu último traballo "Que levante el dedo", temos a un Peret moito máis reposado e maduro pero tamén unhas letras moito máis traballadas e irónicas. Recomendo que o escoitedes porque é sensacional. Gracias Peret.