viernes, 28 de marzo de 2008

Aberto o prazo de inscrición para a rota do San Mamede



Dende o 1 ó 18 de abril (ámbolos dous incluídos), está aberta á inscrición para o 1º Ciclo Roteiro do Santo, que se celebrará en Montederramo o 19 de abril.



Hai tres modalidades:
Camiñantes: que sairán a partir das 9:30 e terán un máximo de 7 horas para facer o percorrido.
Corredores: saíran ás 10 e terán o mesmo tempo.
Ciclistas: saíran ás 10:30 e só terán 4 horas para realizar o percorrido.


A contía da inscrición será de 10€, e deberá facerse no caso dos camiñantes e corredores en Rodonet (Rúa Ervedelo, 21; Ourense. Telf: 988222692 e Fax 988225960) e dos ciclistas en Ciclos Moure (Celso Emilio Ferrreiro, 42. Ourense. Telf. E Fax 988248964).

Haberá cinco avituallamentos e un xantar ao finalizar a rota.

O percorrido son 28,765m e ten un desnivel de algo máis de 700m.

Para máis info en
http://concellomontederramo.org/ga/web/index.php