miércoles, 16 de abril de 2008

XA TEMOS GRUPOS

Xa temos grupos, digo grupazos, para o Ponte Louco 08.
A primeria "sorpresa", son os Cuchufellos, a que ninguén o esperaba?. Para os despistados, dicir que estes son os de Manzaneda, que xa tocaron tres veces no Ponte Louco.
As verdadeiras sorpresa son Tanghana Show e a Tuna Rastafari.
Os primeiros son sete vigueses que formaron un grupo no ano 2005 dificilmente difinibles a nivel musical, pero nos que se ven claras influencias do ská e o rock, nos que o ventos lle dan unha forza que fará temblar o castelo.
A Tuna Rastafari é un grupo de Tex-mex que forman dez rapaces. Dez Mozos, que din que o espectaculo é a sú bandeira e que a súa finalidade é reventar todo escenario que se lle poña por diante... ¿caerá o Castelo por terceira vez, despois da Invasión irmandiña e das xeniais ideas do Xeneral Loison, que foi o que queimou o castelo, como ven se pode ver no noso escudo?. Verémolo o 2 de agosto.
Ademais dicirvos que coma tódolos anos haberá máis cousas ó longo do día: feira (coas pulpeiras, xamóns, bragas-faixa, ... ), feira de artesanía, teatro (Van repetir Trécola), monologos (andamos en trámites con Rigu e Canier), Break-dance?? (pasará a vergoña o Tomás?)
En fin, seguiremos informando.