lunes, 26 de mayo de 2008

OS CONTOS UNIVERSAIS: ¿QUE ME CONTAS?


Esta fin de semana estivemos axudando a crear un CONTO COLECTIVO. Se fomos pensando que nos ían contar algo, e o final, acabámolo contando nos.

O Contador é un cubo de tres metros de lado, instalado en espazos públicos de trinta localidades de Galicia, no que se elabora un conto colectivo. Partindo dun comezo provisto polo propio Contador, cada participante narra unha parte da historia coa única referencia do fragmento de relato inmediatamente anterior, o que pode dar lugar a derivacións máis ricas e divertidas. E decir, ti entras, poñenche a parte do relato que deixou feito a persoa anterior (dúas ou tres frases) e a partires de aí tu segues o conto (arredor de uns vinte segundos), todo esto grabado con cámara para que despóis entres na web e podas ver o conto no que tu participaches ó completo. A min gustoume moito participar, e se vos coincide de que pase preto da vosa localidade animádevos.
Un dos que levan o tema e Raúl, compañeiro de Osorio, e tanto él como os outros rapaces trataranvos de maravilla.
As próximas datas son:
Carballiño 31/05/08 Rúa Principal
O Barco0 1/06/08 Malecón
Xinzo 07/06/08 Praza Maior
A Coruña 08/06/08 Obelisco
Carballo 14/06/08 Praza do Concello
Malpica 15/06/08 Rúa Emilio González
Betanzos 21/06/08 Praza do Campo
Vimianzo 22/06/08 Praza do Concello
Ferrol 28/06/08 Praza de Armas
Narón 29/06/08 Sen confirmar
Sada 05/07/08 Paseo Maritimo

E para saber máis: http://www.galegoelogo.com/