Pola maña Houbo pasarrúas, eu como estaba tocando so puiden sacar fotos ós expontaneos que se animaban a tocar o bombo. Temos que pedir desculpas porque como estamos a principio de verán non dimos collido veno ritmo e non demos chegado a Soutelo (claro parando en todas as bodegas).
Ainda que pareza que o Cándido traia unha prea da ostia é que está repenicando as campás. Xa se sabe procesión, misa...
Despois do xantar popular houbo que se animou a bailar co bandullo cheo de pulpo, feito pola nai do Pío, moi rico por certo.
Despois do xantar popular houbo que se animou a bailar co bandullo cheo de pulpo, feito pola nai do Pío, moi rico por certo.
Todo moi ben organizado, este como podedes ver é o baño, co papel, a auga e a xente sentadiña, cada un o seu.
Houbo sorteo de lavadora portatil, o número agraciado según o Luis de Soutelo foi o "corenta e cinco mil, sete mil trecentos vinte e oito", despois de un momentos de incertidume comprobouse que o gañador foi o xastre de Santa Tecla. ( A ver se dou colgado un video estes días)