jueves, 3 de julio de 2008

Viaxe ao bidueiral


A revista Cerna (da asociación ecoloxista ADEGA) no numero do mes de xullo fai unha reportaxe sobre o bidueiral de Montederramo firmando por Ransés Pérez. O artigo, a parte de descubrir a diversidade de flora que hai no bidueiral, dalle unha especial importancia a fauna existente e como o lobo está integrado no medio. Unha cousa da que fala e que me parece especialmente importante é a diversidade de paisaxes que as estacións producen, e que denomina "os catro bidueirais".
Por outra banda, hai que sinalar que lle adica un longo espazo a figura de Manuel Blanco Romasanta, o lobishome, que a pesar de ser de ser natural de Soutelo (Esgos), cometeu os asasinatos estando en Rebordechao (Vilar de Barrio), unha aldea nas ladeiras do San Mamede. Foi o único home lobo condeado como tal do que recentemente se fixo unha pelicula da que non escoitei moi boas críticas.

Web de Vilarellos


Navegando pola rede volvín atopar unha web sobre o pobo de Vilarellos, feita por Manolo Durán, o fillo do leiteiro.


Como moitos saberedes, esta é unha aldea da parroquia de Tronceda, que a pesar de estar moi preto do Sil, está a bastante altura. O que máis destacaría desta aldea é que, como podedes ver, conserva relativamente ben parte das edificacións que alí hai. As casas por esta zona son feitas a base de pedra pizarrosa, e máis ben parece un pobo do Caurel que desta zona. Ademais, contra o final do verán colgan as mazarocas do millo dos balcóns e isto ainda lle da un maior encanto (como podedes ver nas fotos do final).

A web xa leva un tempo na rede, e a verdade é que non está moi actualizada, a ver se lle damos ánimos ó Manolo para que lle dea máis contido; pero ainda así é un placer.





As tres primeiras fotos son do Durán, e as dúas últimas miñas.