jueves, 24 de julio de 2008

MONTEDERRAMO TAMEN EN FESTAS


"PROGRAMACIÓN DA III EDICIÓN DA SEMANA DO VERÁN CULTURAL- TROULA MONTEDERRAMO 2008"-

DÍA 7 DE AGOSTO: CINE(23:00H) -

DÍA 8 DE AGOSTO: “III EDICIÓN DO FESTIVAL FOLK O SON DAS PEDRAS”:20:00H: Grupo de Percusión: “Trópico de Grelos”23:00H: Actuación dos Grupos Ergom, Guezos, e no intermedio Trópico de Grelos.-Peche ca actuación de novo do Grupo de percusión: “Trópico de Grelos” -

DÍA 9 DE AGOSTO: 18:00H: Andaina Popular “Ruta do Bidueiral”23:00H: FESTA YE- YE (Prégase vir disfrazado con roupas daquela época, (anos 60-70) -

DÍA 11 DE AGOSTO: CINE(23:00H). -

DÍA 12 DE AGOSTO: -20:00H: TEATRO “Ide todos ó inferno”. -

DÍA 13 DE AGOSTO: 23:00H: Espectáculo de Luz, Son e Imaxe. (Diante do Mosteiro). -

DÍA 14 DE AGOSTO: Festas Patronais. -

DÍA 15 DE AGOSTO: Festas Patronais. -

DÍA 16 DE AGOSTO: Festas Patronais. 18:00H: FESTA INFANTIL01:00 H: BAILE DE DISFRACES (Premios os mellores disfraces).-

DÍA 17 DE AGOSTO: -19:30H: Actuación dos Grupo de Danzas Orientais “GAIRA”.-

DÍA 18 DE AGOSTO: CINE:(23:00H)

NADA POR AQUI, NADA POR ALÁ


Dende este humilde blog, aproveitamos a ocasión para darlle folgos a uns amigos (Oscar e Raúl)que están a preparar unha función increíble, espectacular, vamos, o nunca visto en Lumeares.
Esperemos que teñan cabeciña e non fagan desaparecer o cruceiro ou algo así.
Dende aquí rapaces que saibades que ¡ESTAMOS CON VOS!. Ahora eso sí, nin se vos ocurra a xenial idea esa que se lle ocurre a todos os magos de pedir voluntarios...

Viñobus


O Plan de Dinamización Turística da Ribeira Sacra pon este verán en marcha unha vez mais o produto baixo o nome de “ViñoBus”.
Trátase de excursións de medio día que permitirán ao visitante saborear a Ribeira Sacra en todas as súas facetas, patrimonio, paisaxe, gastronomía, etc.
Consiste en oito rutas nas que se inclúe unha serie de itinerarios guiados en autocar nos que o turista acompañado por un guía poderá visitar bodegas incluíndo catas comentadas, degustación de viños e outros produtos tradicionais.
Funcionarán os fins de semana durante o mes de xullo, agosto e o primeiro fin de semana de setembro con rutas dende Ourense e dende Lugo.
Información e reservas: 606 428 286

Aquí podedes ver o folleto e os hororarios, que tamén os podedes atopar no Centro Comarcal.
Ademais recoméndovos tamén un video feito polo PDT moi ben editado.