viernes, 26 de septiembre de 2008

Monterramo en Jólibu


Montederramo vai ser visto en Jolibu. A película Los Girasoles Ciegos foi preseleccionada para representar ao cine español na Gala dos Oscar e como xa saberedes parte desta foi rodada no mosteiro de Montederramo. Se nos elixen van a flipar os Ianquis.
Quen nos verá acompañando ás nosas grandes estrelas (Victor, Paula, Alberto L., etc.) pola alfombra vermella.
Codearnos con Cloony, Barben, Allen, os Cohen, ...
¡Aurora! vai preparando o medelito, levaremos o licor café e exportaremos os fachós, a feira da carne e, como non, o Ponte Louco. Esta gala, se hai sorte, vai marcar un antes e un despois nos Oscars.

A fiebre do blog

Este verán houbo no castro un "andazo" de blogs entre os rapaces do Castro. Canto máis fuchico máis atopo. E hai de tódalas clases: moi currados, un pouco abandonados ou os que non pasaron do par de entradas.
Os que eu coñezo son: Ocastroenacción, o do Víctor, o da Patricia (creo que é ela), Gonza (que ainda que non é de aquí métoo porque estivo uns anos vivindo no Castro), do Wasa, Alberto de Camba, Ignacio e Sara e Poline. Se sabedes de algún outro decídeo
Desde aquí darlle ánimos ós blogueiros, manter un blog da traballo, pero hai que seguir adiante. E ós lectores, pedirvos que lle deixedes mensaxes para ter máis alento e que vexan que as cousas que fan lle interesan a xente.

Ponte Louco polo mundo adiante: Eu


Como parece que aquí viaxa todo mundo e lava a camiseta menos eu, pois vou facer unha entrada para que quede demostrado que eu tamén teño camiseta e lévoa cando viaxo (aínda que non o faga moito). A foto é na estación do ferrocarril de Porto.
Esta é nas médulas como Edu e Beti.

Outra máis cerca, pero nun lugar que merece a pena coñecer: Pena Corneira