domingo, 23 de noviembre de 2008

Sesión de curtas no Centro Comarcal


Reproduzo casi-literalmente o mail que nos mandou a Dori a semana pasada, do que non nos enteramos ata onte domingo, pero como o sábado que ven volve a haber sesión:

De momento haberá 2 sesións de curtas este sábado 22 e o 29 sempre ás 18:00 h na sala de cursos do Centro Comarcal.
A idea é que empezamos este mes de Novembro cunha sesión cada sábado. En Decembro tocaranos pechar os sábados pola tarde e os domingos (as tres primeiras semanas), ásí que só imos programar no Nadal CINEMAS INFANTÍS (tamén curtas pero de animación: 2D, 3D, plastilina). Xa vos enviarei as datas e as pelis de cada día, en canto mas confirmen. E a partir de Xaneiro volvemos a empezar todos os sábados cos diferentes ciclos disponibles. A oferta é enorme e pódese consultar na páxina da Axencia Audiovisual Galega. Gustaríanos que a xente fixese as súas propias suxerencias e peticións para que solicitemos o mais atinado posible. Nos para empezar poñemos o día 22/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 1 (Curtas) e o 29/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 2 (Curtas)

HOXE CUMPRE UN ANO MAIS......


Si é ela! Manuelita! Tamén coñecida como Encarnita ou Altazor cumpre hoxe un ano máis. Dende o blog desexamoste que.... CHE CAIGAN UN MONTON DE ELES MAIS!!!! E como dirías tu JAPI BERDEI PARA TI TAMBIEN!