miércoles, 3 de diciembre de 2008

O MISTERIO DOS CUMPREANOS NA MIÑA FAMILIA


Hoxe vou desvelar un dos misterios máis misteriosos da miña familia e que ten abraiado a moita xente (polo menos ós meus alumnos que non dan crédito).
Na miña casa ningunha data oficial de nacemento coincide coa real!!!!!!!!!!!!!!!! Todos temos oficialmente uns días menos. ¿Cál é o motivo? as malas linguas contan que se debe a retrasos á hora de ir ó rexistro, pero eu non sei si é certo. O caso é que eu oficialmente son 9 días máis nova!!!!