lunes, 22 de diciembre de 2008

Hoxe (martes 23) sesión de curtas no Centro comarcal






Recordade que hoxe hai sesión de Curtas no Centro Comarcal. é unha sesión de animación que leva por título "A Lingua Armada". As 18:00

FIADEIRO-TRICOLE-TRIGOLI: "EL REGRESO"






























O coñecido por todos como FIADEIRO, por moito que lle queiran cambiar o nome, contará a partir do día 24 de este mes cun novo e único camareiro-relacións públicas, que non poderá deixar indeferente a ninguén: o Clemente, máis conocido por todos como CHICHO.

Facémonos eco desta gran noticia no blog xa que esperamos que todos pasedes por alí estas navidades para apoiar esta nova xestión, e tentar así que o Fiadeiro en particular e o Castro en xeral recuperen o que se deu en chamar fai uns anos "LA MOVIDA CALDELÁ".

Esperamos encontrarnos con todos vos alí, no Fiadeiro-Tricole-Trigoly ou como carrallo se chame.

CHICHO ESTAMOS CONTIGO

Neve no San Mamede


Esta fin de semana fomo Natalia e máis eu de reporteiros o San Mamede coa idea de subir ata o campor do Casar para ver o bidueiral nevado. Pero ca nevada que había non demos chagado. Na maioría do camiño o espesor era de uns 15-20cm e iso á hora de andar supoñía un sobre-esforzo moi grande. Pero como podedes ver puidemos, a pesar dos pesares, facer unhas cantas fotos, enredar un pouco coa neve,...

Ó primeiro aínda se vía a terra do camiño, pero logo o camiño estaba completamente nevado.

Cara o Leste víase en primeiro termo o alto do Balisco e ó fondo Cabeza Grande (de Manzaneda).

Aquí vese o San Mamede á dereita, no alto, e no centro o bidueiral. Aínda que coa posición do sol e o brilo da neve, a foto non quedara moi alá.

Como poidedes ver, antes ca nos outros fixeran o intento en coche, pero deron a volta moito antes ca nos,...

A Mogainza, de noite as 5 da tarde e cunha nevada de medo

Ollo o video

Botádelle un ollo o video deste enlace, ides botar unhas risas...