lunes, 19 de enero de 2009

PRIMEIRO ANIVERSARIO DO DEDO ESTRIPADO DO JUANQUI


Mentras todos andades por aí de troula (QUEN TEÑA VIÑO, QUEN TEÑA VIÑO QUE ME DEA UN POUQUIÑO), eu estou intentando evadirme para non pensar nos fachós.
Xoguei ó tetris (sg un estudio é moi bo para olvidar traumas), acabei de ler a última novela de Murakami (moi, moi recomendable), fixen crema de verduras.... e como xa non podía máis e a morriña pesábame coma unha louxa, decidín reler as entradas do ano pasado.
Nelas descubrín que fai un ano o Juanqui ESTRIPARA un dedo e acabara en urxencias. Entón atei cabos e descubrín que aí empezou a maldición dos dedos estripados no Castro... misterio digno de CUARTO MILENIO.
(AQUÍ TEDES MATERIA PARA O CONCURSO DE RELATOS DO PONTELOUCO, COMO EU NON PODO PARTICIPAR...)

A DUREZA DA DIÁSPORA

Estar fora do Castro resulta especialmente duro en dias coma hoxe, o dia dos Fachós. Todos os que estamos lonxe teremos o noso pensamento no adro da igrexa entre lusco e fusco e podedes estar seguros de que berraremos: VIVA O SAN SEBASTIÁN!!!!!!!!!!!!!!!