martes, 3 de febrero de 2009

MORRE HANS BECK, O PAI DOS CLICKS DE PLAYMOBIL

Cos bos ratos que nos fixeron pasar os bonequiños que inventou, Hans Beck ben merecía aquí unha homenaxe.
¿ Quén de nós non tivo de cativo algún click na man e imaxinou o inimaxinable con il?

Na miña época de máis cativa aínda non estaban moi de moda, ou eran moi caros, non sei. O caso é que a mín nunca mos trouxeron os Reis Magos. Pero como tiven a sorte de ter un irmán pequeno, aproveiteime todo o que puden de xogar cos del aínda que se supuxese que eu xa non tiña idade para elo. Aínda os temos guardados no garaxe. Eu recordo perfectamente a Granxa cos seus porquiños, o chalet co seu columpio no porche e o seu mobilario (era o que máis me gustaba), creo que había tamén unha ambulancia porque recordo o click que ía en silla de rodas...
¡Qué tempos!