lunes, 9 de marzo de 2009

¿Inverno ou primavera?

Esto é o que vexo cando baixo as escaleiras da miña rúa ("Alzapiernas", imaxinade por qué) camiño da zona vella.

Se vou a pasear ó parque do príncipe atópome con estes arbustos en flor...
...con este tan curioso que mistura follas vermellas , verdes e frores (se alguén sabe o seu nome...).


O sol brila e a temperatura é de 19º, así que penso: XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA!



Pero seguindo co paseo doume conta de que non, de que aquilo que tanto se empeñaron en recalcarnos os nosos mestres (o inverno comenza o 21 de decembro e remata o 21 de marzo) algo de razón tiña. Coas frores e as follas explosionantes de cores mistúranse árbores como as de abaixo, que me encantan porque son, sin querelo, árbores de nadal casi perpetuos (tamén agradecería que alguén me dixera o nome). Están desnudos, non teñen nin un só brote, pero das súas polas colgan decenas de boliñas.

O último que vexo antes de saír do parque é esto:


Entón penso que igual os mestres de agora teñen que cambiar a cantinela das estacións.