martes, 10 de marzo de 2009

II andaina por Caldelas






Por segundo ano, a Asocición O Irrio, en colaboración co Centro Comarcal Terra de Caldelas, organizaremos unhas saida camiñando polas terras de Caldelas o venres 10 de abril.

O percorrido será moi parecido ó do ano Pasado: Castro Caldelas, o Toural, Camba, Ponte das Táboas, no caso de que o río vaixe con forza iremos pola estrada; Fonte de Piñeira, Piñeira (pobo), O Burgo, Camiño Real (Vía Romana), aquí posiblemente fagamos a única modificación con respeto ó ano anterior achegandonos ata S Pedro e Cacidrón; logo iremos ata Vilamaior, cruzaremos a Veiga onde veremos os petroglifos, Casares, Casasoá, Basteiros, e logo iremos un bo rato polas veiras do Río Caldelas, onde poderemos ver cinco muíños, ata chegar á Ponte, onde subiremos cara o Castro. Se o queredes ver de xeito máis detallado hai un folleto co seguinte texto.
Non se fai inscrición, pero si se recomenda apuntarse no Centro Comarcal: 988204630, ou por mail: cctcaldelas@comarcasdegalicai.com; ou no foro deste blog.
Ademais se queredes ver máis fotos podedes facelo no Panoramio.
Por último anunciar que os de Lumeares tamén farán a súa andaina o 16 de maio.