jueves, 19 de marzo de 2009

Anxo Moure: Contador de historias



Dende que nos coñecimos tivemos claro que o queriamos traer o Ponte Louco, e el que quería vir. E cando as dúas partes queren é sinxelo chegar a un acordo.
Os seus non son simples contos no que se desenvolve unha historia. Ademais diso Anxo vai moito máis aló e contanos historias cotiás do noso mundo nas que a violencia, inxustiza, fame, ... están presentes. Porén, este ecopacifista non conta historias tristes; sabe transmitir unha visión positiva e que cada un de nos pode, dendcalquera lugar, facer moito por cambiar as cousas.
O día do Ponte Louco chegará na súa bici, contará as súas historias, fará gozar a nenos enon tan nenos e incluso pode que remova algunha conciencia.
Se queredes saber máis sobre el e sobre a ONGD Bicis pola Paz vistade a súa web