martes, 5 de mayo de 2009

III Rallye de Castro Caldelas - Memorial Suso Seoane




Esta fin de semana celébrase a terceira edición do Rali de clásicos de Castro Caldelas, puntuable para o recentemente creado Trofeo "Mangallo Classic Team", a que se podería considerar da súa consolidación; como mostra o número de inscritos, que iste ano subiu ata 85 coches, contando por primeira vez coa incorporación de motos.


O programa podédelo ver na web de MANGALLO, pero como resumo pódese dicir que os coches chegarán o sábado as 10am, e irán pasando polo Castelo para verificar. Máis tarde aparcarán o carón do centro de saude. A saida irana tomando dende a praza do prado, igual que o ano pasado, dende as 12 en punto.
O primeiro bucle será pola zona da ribeira, con zonas tan espectaculares coma as curvas de Cristosende (12:15) o a subida dende Alais (14:30). Logo baixarán á Abeleda, onde xantarán, e dende onde irán a Sober para volver por onde volverán pasar sobre as 18:00 en dirección Queixa, para pasar por Montederramo e rematar en Ourense.
Simplemente darlle a noraboa á organización, e ánimos para próximas edicións

Fotos da entrega de premios