jueves, 13 de agosto de 2009

Ponte Louco 09: outras actividades


Ademais do groso do programa hai outra serie de cousas de interese que imos apuntar:

A zona de acampada habilitada estará coma sempre na Ponte das Táboas (para que non a coñeza aquí pode ver máis fotos). E as recomendacións de todos os anos:

"A area recreativa Ponte das Taboas está a dous quilómetros do Castro dirección Trives (c-536). Nesa dirección atoparedes un cruce a esquerda e xa vedes a piscina. Se vides da zona de Trives ó Castro, teredes o cruce a dereita. En ambolos dous casos haberá indicacións de PISCINA (tamén un cartel que pon MAZAIRA e A MOÁ). No medio dopobo poremos ourtra indicación, xusto ó lado do cartel de A-76 POR OURENSE.Infórmovos de que non se pode acampar na zona mais cercana ó rio por se houbera inundacións (cousa pouco probable, pero toda precaución é pouca). De tódolos xeitos esa zona estará delimitada con cinta e carteis. respetadeos porque se non poden vir os do SEPRONA e multarvos (os de cerceda creo que saben de que falo). Tedes duchas de auga fría que vos virán moi ben para o domingo pola mañá, e este ano as portas dos lavabos quedarán abertas toda a noite para maior comodidade.Por favor COIDADE A ZONA. É un area que utiliza moita xente e non ten por que atopar desperdizos ou vasos rotos."
A feira de artesanía o sábado pola mañá, e pola noite haberá artesanos coma sempre na entrada do castelo...
... e unha sorpresa moi orixinal: virá un barquilleiro. Para moitos non haberá que explicarlle o que é e os outros... mellor que esperen a velo in situ