lunes, 4 de abril de 2011

Camiñada por Caldelas


Despois de dous anos recuperamos esta andaina o próximo 22 de abril, venres de semana santa. O percorrido modificámolo con respecto ao anterior, será máis curto, de uns dez quilómetros.

Esta vez sairemos do Castro en dirección ao muíños polos canellos. Dende aquí seguiremos o río ata a área recreativa da ponte das Táboas e continuamos ata debaixo de Concedelle. Dende alí subiremos ata Basteiros, pasando por Casasoá e Montemiau. Tras pasar pola fonte de Piñeira cruzaremos o Río Caldelas e subiremos por Camba para chegar ao Castro. A idea é facer o xantar na carballeira da Devesa (que cada un leve a súa comida).

O percorrido non é moi longo pero é duro. É imprecindible levar calzado impermeable.

Recordarvos que non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que poidamos saber con canta xente temos que contar ou esperar por alguén. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com.

En breves días colgaremos un mapa e máis información.

No hay comentarios: